Bases para participar e conseguir unha mochila térmica e un mandil da campaña “Quere o teu mercado”
Comparte unha foto ou mais en Facebook ou Instagram da campaña “quere o teu mercado” nomeando o noso perfil @quereoteumercado e agasallarémoste cunha mochila térmica e un mandil da campaña #quereoteumercado19 # quereoteumercado
- As fotografías publicadas deberán nomear o perfil @quereoteumercado.
- As imaxes deberán estar tomadas nun mercado participante na campaña “Quere o teu mercado”.
- As imaxes deben indicar o nome do mercado onde foi tomada e amosar algún elemento identificativo desta.
- Só serán válidas as fotografías publicadas durante a campaña 2019 (do 15 ao 25 de maio).
- Cada participante recibirá como máximo un agasallo (mandil e mochila térmica da campaña).
- Os agasallos recolleranse no mercado no que se tomaron as imaxes a partir do 6 de xuño de 2019, previa identificación do titular do perfil.
- Número de unidades de agasallos dispoñibles: 2000